Bos días amiguiños e amiguiñas!
Un día máis…e un día menos na casiña!!
E sabedes unha cousa?
Os días pasan e pasan e xa levamos…
máis dunha DECENA de días na casiña!!
Um…DECENA!! Recordades que cantidade era?
Unhas pistas…
As mestras xuntamos unha decena de obxectos
que tiñamos polas nosas casas
e fixémoslle fotiños!
Mirade as da profe Mila!!
Unha decena de mini-contos!
Que ganiñas de lelos todos!
Unha decena de lapis divertidos!
Como molan!
Unha decena de animais mariños!
Um...unha pista para próximas actividades?
Esta profe é unha caixa de sorpresas!
Agora tócalle á profe Alicia!
Que sabedes? Vendo unha das fotos da profe Milatamén se dou conta de que tiña
unha decena de lapis e bolis divertidos!!
(E de paso...proponvos un xogo! Atopade a diferenza e poñédea
nun comentario! jiji!)
Unha decena de mini-calcetíns
colgados nunha sineira!
Unha decena de calcetíns divertidos e...
(Máis de preto para que poidades lelos!)
E agora retámosvos a vós!!
Queremos fotos de decenas dos obxectos máis
ORIXINAIS, RAROS, DIFERENTES
…que atopedes pola casa!
Así botaremos unhas risas xunt@s!
A saber o que pode saír de aquí!
E outro reto!!
Seredes capaces de mandarnos nos comentarios
sumas e restas que teñan de resultado 10?
Incluso, con axuda, podedes conseguir outro tipo
de operacións: multiplicacións, divisións...
Por exemplo:
E outra pregunta...é un número PAR OU IMPAR?
E algún PROBLEMA con ese resultado
con cousiñas da casa?
POR EXEMPLO:
Meu pai comeu 5 froitas esta semana e
miña nai outras 5.
Cantas froitas comeron entre os dous?
5+5= 10 froitas.
(Podedes incluso mandar foto ou vídeo do problema.)
POR EXEMPLO:
Meu pai comeu 5 froitas esta semana e
miña nai outras 5.
Cantas froitas comeron entre os dous?
5+5= 10 froitas.
(Podedes incluso mandar foto ou vídeo do problema.)
E aproveitando que nos poñemos matemáticos,
aí van unhas fichiñas de repaso!
Primeiro recordamos...
E tamén uns enlaces con xogos
moooi interesantes e divertidos!A por eles!!
Páxina de xogos moi interesantes:
https://www.cokitos.com
Especialmente estes:
Carrera de contar ata 10: https://www.cokitos.com/carrera-de-contar-hasta-10/
Contar unidades e decenas con delfines:
https://www.cokitos.com/contar-decenas-y-unidades-con-delfines/
Contar unidades e decenas con delfines:
https://www.cokitos.com/contar-decenas-y-unidades-con-delfines/
Sumas e restas: https://www.cokitos.com/tag/juegos-de-sumas-y-restas/
Ordear números: http://www.educaplus.org/game/ordena-numeros
Memorizar e formar parellas de números:
https://www.cokitos.com/memorizar-numeros/
Que número falta?https://www.cokitos.com/que-numero-falta/
Que número falta?https://www.cokitos.com/que-numero-falta/
E para rematar...
CANTEMOS XUNTOS!!
Contemos primeiro...ata 20!
Dúas decenas completas!
"Yo tenía 10 perritos"
A restar cantando dende a decena!
Agora a contar de dez en dez!!
Primeiro despaciño...
e agora con moita marcha!!
(Cando xa o teñas
controlado... podes quitarlle o
volume e decir
ti soíño as
decenas! Atréveste?)
E
xa para despedirnos...
GRAZAS nunha DECENA de idiomas!
E para vós familias...
vai en decenas tamén
unha mensaxe de ánimo!
PODEMOS!!
A por 10 días máis XUNTOS
TELEMÁTICAMENTE!!
BO FIN DE SEMANA!!
BO FIN DE SEMANA!!
:)
Nunha foto hai un boli azul e na outra é rosa.
ResponderEliminarGael
Na foto da dereita hai un lapis azul, na foto da esquerda un boli que parece unha cera vermella.
ResponderEliminarAlén
Na foto grande ai un boli que paresebun pintalabios e na foto pequena ai algo azul. Clara
ResponderEliminarParece que...vos gustou o xogo das diferenzas! Imos esperar a ver se algún compi máis se anima e dicimos a resposta! Pero parécenos que...non ides desencamiñados! Noraboa!! As mestras!
ResponderEliminar