Ola pequenos, pequenas e familias!!
As mestras estamos moi contentas de
que
esteades animados nestes diiñas
e aproveitedes para traballar
á vez que vos
divertides
e colaborades en alegrar aos demais!
André animouse a unirse xunto
co seu
irmán pequeno Roi
á última actividade proposta
e mirade que chulada fixo!
E incluíndo
un sol para alumear estes días
sen poder vernos nen saír!
Grazas por compartilo
con nós
e mandarnos tanto agarimo!
Tamén nos chegou o de Pablo que,
ademais
das millóns de cores
que utilizou para alegrarnos estes días,
compartiu con nós
o seu grande sorriso
co que nos contaxiou e,
de seguro que a vós tamén!
E aquí vos paso coa mestra Alicia,
que aínda que non está na Arousa,
tamén quixo sacar un sorriso #dendeasúaventá
aos seus veciños que todas as noites ás 8
saen a aplaudir e cantar!
"Ola pequechiños, pequechiñas e familias!
Os mestres tamén nos unimos
a esta proposta e comezo eu
con este gran sol que espero
que chegue ata a zona da Arousa e
transmita todo o meu agarimo, sorrisos
e ánimo! Vai para vós os meus superheroes e superheroínas que tanto boto en falta e que sei que o estades a facer xenial dende as vosas casas!
Xa queda menos! Prométovolo!
Xa queda menos! Prométovolo!
Tamén para as vosas familias ás que lle mandamos
moito ánimo e un agradecemento total polo
que estades a facer en colaboración con nós!
Máis que nunca somos un equipo!
(Por certo...
preséntovos aos meus peluchiños que#taménsequedannacasa)
preséntovos aos meus peluchiños que#taménsequedannacasa)
No meu mural quixen plasmar todas
as palabriñas que me parecen importantes
nestes días e...SEMPRE!!
Como estades vós?
Animádevos a comentar!
Como estades vós?
Animádevos a comentar!
Un biquiño enorme! Quéresevos!"
Con estas pequenas cousiñas é máis
sinxelo
sentirnos máis pretiño
e compartir coma facemos
todos os minutos que
pasamos no cole
e que tanto botamos xa de menos!
Un saudiño #dendeanosacasa
das vosas
mestras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario