e da súa súper clase...un máis que merecido diploma e agradecemento!
Encantounos!
E como colofón final a estas semaniñas de profesionais...
visitounos unha nai que coñecemos moito
xa que compartimos colexio e corredor con ela!
Pero quixo saír un ratiño da súa aula para acompañarnos!
Ela é a nai de Alba e é...claro!! Mestra!
Pero sabemos todo o que fan os mestres e mestras?
Que fariamos sen o coidado dos nosos mestres e mestras
na escola cando non están as nosas familias??
Algunhas cousas si as sabemos, pero...
e cando nós nos estamos con eles?
Que importante a colaboración!!
Nas titorías, nas entradas, saídas,
recreos, no supermercado...jiji!
Moitos materiais!!
E para iso, utilizan mooooitos instumentos!!
Mirade, mirade, ela veu cargada!!
E como desfrutamos o momentiño que nos deixou
para probar algúns deses instrumentos!
Ata cun agasallo feito por nós nos marchamos para a casa!!
Tamén bailaríns e cantantes!!
Excursións a moitos sitios...e tamén polo cole!!
Levounos a visitar a sala de mestres e mestras
e a reprografia!! Como molou!!
Ala! Como nos gustou ver aos mestres e mestras reunidos!!E votando para tomar decisións importantes
para o colexio pero, sobre todo, para nós!!
E mooooitas, mooooitas cousas máis!!
--------------------
Ah! e unha cousa! Por que vai en pixama? Claroooo!! Porque estamos en entroido
e o mandadiño así o dicía!!
É que as mestras ata en iso nos acompañan!!
SEMPRE NOS ACOMPAÑAN!!
Por iso e por moito máis...
un súper diploma para ela e un agradecemento enorme!!
AGORA SI QUE NOS DESPEDIMOS DESTA EXPERIENCIA CARGADA DE APRENDIZAXES, BOS MOMENTOS, COLABORACIÓN, DESCUBRIMENTOS, CERCANÍA, COMPROMISO, BOS DISPOSICIÓN, SORRISOS, EMOCIÓNS
Ningún comentario:
Publicar un comentario