BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 16 de marzo de 2020

Dende as nosas ventás...sentirémonos máis acompañados!!


Ola pequenos, pequenas e familias!!
Como vos dixemos iremos aparecendo 
por aquí para darvos ideas 
e moitas opcións para pasar estes días!

Unha proposta moi bonita para vós, peques, 
e que de seguro que na Arousa lucirá moito 
e alegrará a paisaxe e o ánimo chámase 
#desdemiventana.


Trátase de colgar das vosas ventás, cando poidades, manualidades feitas por vós cheas de cor e, sobre todo de mensaxes positivas! Así os outros nenos e nenas que tamén deben pasar estes diiñas na casa alegraranse véndoas! A que é unha idea estupenda?

Mirade algunhas…


En todos os países se unen! Ata en Italia!


Xa que durante estes meses estiveron a visitarnos o superheroe Mega Raios de Sol e a superheroína Nova Raios de Sol, algún dos vosos debuxos poden ter relación con eles e mesmo co SOL.
De seguro que lles encantarán!


Podedes enviar as vosas creacións ao email de primeiro

https://asineiradotorreilla.blogspot.com/

 e colgarémolas no blog para que 
todos poidamos velas! Que vos parece?
Os mestres tamén faremos os nosos!


Levamos un diiña sen cole e xa vos botamos de menos! Un pouquiño de paciencia e moitos, moitos mimos e pronto volveremos a estar xuntos!

UNHA SÚPER APERTA “TELEMÁTICA”!

Ningún comentario:

Publicar un comentario