Bos días a todos e todas!
Canto temos que agradecer
estes días,
VERDADE?
Xa vimos que vós tamén vos
destes conta!
Clara non tardou en adicarlle uns bonitos debuxos
e unhas palabras preciosas a dous amigos sanitarios
que queren moito e que nestes días
nos están a coidar tanto!
Iago tamén se une cun agradecemento
ás súas tías que traballan nun hospital!
Outras verdadeiras heroínas ás que lles manda
moito ánimo e todo o seu cariño en forma de corazóns!
Leo acórdase tamén dun sanitario...
pero que desta vez a maioría coñecedes!
Trátase de Quinso, o enfermeiro do centro de saúde da Illa!
E dinos a súa nai que a pesar de poñerlles as pinchas...
quéreno moito! Ten moito mérito! NORABOA!
Alba tamén elixiu a un médico que penso que moitos
coñecemos e nos axudou nalgún momento!
El é Jacinto! Sempre disposto a axudar e máis nestes días!
Unímonos aos vosos agradecementos: a Kike, Noe, Bego, Chus,
Quinso, Jacinto e a todos os seus compañeir@s de traballo!
Quinso, Jacinto e a todos os seus compañeir@s de traballo!
un vídeo moi emotivo de ánimo!
Eles adicáronllo á súa tía que é perruqueira e que,
como moit@s outr@s, tivo que pechar o seu negocio estes días!
Dinos a súa nai, que aparte de ser a súa única tía
é unha persoa moi especial para eles e que...
vai levar un SORPRESÓN!! :)
E temos outra nai na mesma situación!
Neste caso Breo quixo acordarse dela porque a quere
moitísimo e porque tamén tivo que pechar o súa clínica
de fisioterapia polo mesmo motivo! Ánimo"
Tamén nos unimos a eles cunha mensaxe de ánimo
a todas e todos aqueles que tiveron que pechar
os seus negocios por elas e eles mesmos, pero tamén por nós!
Grazas por sacrificarvos por coidarnos!
Grazas por sacrificarvos por coidarnos!
Atendede a Mariña! Enviounos unhas fotos sorpresa
que cremos que debían de estar nesta entrada!
Xa que polo que fixo... ela tamén é unha superheroína!
Primeiro, aprender a coser...e para que?
Para protexerse e protexer aos demais! Moi ben!
Pepe quixo acordarse tamén duns profesionais
moi, moi importantes!! Lede, lede, el o explica moi ben!
Luca quixo acordarse cun precioso debuxo
e unhas palabriñas doutro gran colectivo
que estes días non pode parar!
Eles son os carteir@s! Sen el@s non poderían
chegar as cartas e paquetes ás nosas casas!
Dani quixo acordarse do seu pai que estes días
tamén anda de acá para acolá no seu camión
para que non nos falte nadiña no súper!!
Grazas a tod@s os que estes días percorredes
sen descanso as estradas do noso país!
Leire quixo facerlle un agasallo moi especial
á súa nai que é a súa superheroína!
Ela traballa nun supermercado para que a nós
non nos falte que comer!
TODA UNHA ARTISTA DO LIENZO!!
A "súper madriña" de Alicia,
como ela mesma nos dixo,
tamén traballa nun supermercado,
concretamente na peixería!
Por iso, lle fixo este precioso debuxo!!
Grazas ás dúas, aos compañeir@s e ánimo!
Tamén Ylenia fixo un debuxo precioso
que llo adicou ao seu superheroe e superheroína particulares!
Ela tivo claro que serían os seus pais!
E ata teñen capa! Fixádevos!!
Sergio tivo claro que a súa superheroína
sería a súa nai! Grazas a ela temos víveres nestes días!
E recoñécelle moooitas cualidades máis,
moi importantes tamén, que coloca arredor
dun gran corazón!
Graaaaazas, Sergio!!
Ian ten unha mensaxe especial para o seu tío, para que se coide no traballo; pero tamén se acorda doutras persoas e profesións que nestes momentos están traballando arreo para que todo vaia ben e saiamos pronto desta situación.
Moitas, moitas grazas!!!
A profe Ali tamén ten os seus superheroes e
superheroínas especiais nestes días! Para el@s!
superheroínas especiais nestes días! Para el@s!
As mestras unímonos a eses agradecementos!!
En especial hoxe, a vós FAMILIAS,
que cada unha coa vosa situación, estades ao
outro lado da pantalla nestes días tan difíciles
para os vosos pequenos e pequenas e para todos
en xeral sen perder o ánimo e, aínda máis,
colaborando con nós coma sempre o fixestes
pero agora...UN POUQUIÑO MÁIS ALÁ,
para que non decaiga a súa alegría, a súa paciencia infinita
e en que ademais non perdan de todo o ritmo escolar!
VÓS SI SODES UNS
SUPERHEROES E
SUPERHEROÍNAS!
SORPRESON non o seguinte.Super emocionada con todos estes peken@s.Son a alegría das nosas casas en estos días tan difíciles.pero sobre todo emocionada con os meús dous amores.Gracias a Pablo e Iván por ese bonito video.😍😍😍
ResponderEliminarOla superheroína! Que alegría nos fixo a túa mensaxe e que levaras esa gran sorpresa! Os teus sobriños son o máis! Como todos estes peques que quixeron agradecervos o que estades a facer por todos nós! Unímonos ao seu agradecemento! E estamos tan emocionadas de que as "tarefas" conteñan esa parte tan grande de sentimento que pretendemos e que chegue desta maneira! Grazas de corazón e ánimo! As mestras de primeiro.
Eliminar