BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 19 de marzo de 2020

#stayathome

Good morning!!

Agora...”in English”!!


Os vosos mestres e mestras estamos

que non paramos de darle á cabeciña!


Pasástesvos polo blog da teacher Olalla?
Ela tamén nos propuso un reto pero…
in English” claro!!

Aquí vos deixamos de novo o enlace
para que vos unades ao reto e enviedes
as vosas fotiños!!

Mirade á teacher que ben lle quedou!


E que me dicides de outra teacher
que tamén vos acompaña moitas horas?


E máis mestres xa 
comezamos a animarnos!
O profe Toño deulle un toque 
moi humorístico…que falta fai!!


Tamén no seu blog tedes
moitas cousiñas:

https://eftorreilla.blogspot.com/


E quixo acompañar o seu debuxo dunhas palabriñas!

Bueno rapazada xa queda menos para
voltar a vernos, eu non sei se vos pasou a vós
pero nestes días descubrín a importancia
das pequenas cousas que facemos día a día
e sen darnos conta que somos uns privilexiados
(tomar o sol, ir mercar ao super, dar un paseo,
falar máis coa familia, ler sen apuros,...).
Igual é un bo momento para ir máis amodo  
e desfrutar con todo o que facemos.
Tamén me din conta  da importancia real
que teñen algunhas profesións que moitas
veces non valoramos o suficiente e que
nestas semanas están traballando noite e día
para que todos sigamos ben, aínda que entre tod@s
debemos axudarlles. Estes e estas persoas
son uns auténticos heroes e heroínas,
sabedes de quen falo; 


Aquí vos deixo unha pista, aínda que xa sei 
que sodes especialistas en axudar
a superheroes e superheroínas...
Apertas fortes  virtuais para tod@s!!!!

E, con estas últimas palabriñas,
tamén vos da unha pista dunha próxima 
actividade que aparecerá por aquí prontiño!
Ide pensando...

A mestra Alicia decidiu unirse tamén
engadindo a frase en inglés ao seu mural!


E mirade un mestre que sempre anda rodeado
de música...alá onde vai!
Pois na súa casiña tamén!!

(E na mesma foto xa vos recorda o seu blog!)


Esperamos que vos gusten
e ir recibindo pronto os vosos
para colgalos nos blogues!

Esperamos tamén con moitas ganas
os vosos comentarios!

Unha aperta enorme

#dendeasnosascasas!! 😊

Os mestres e mestras
de primeiro.

1 comentario: