BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

domingo, 1 de marzo de 2020

Novas profesións, novas aprendizaxes!!

En primeiro B seguimos empapándonos dos profesionais 

que temos nas nosas familias!
Comezamos polo pai de Pablo!
Sabedes a que se adica? É enxeñeiro!



E que será iso? Pois explicounos 

que traballa moito con planos...



Tamén emprega instrumentos de medida!
Termómetros, metros... 

pero non como os que nós coñecemos! 

Estes molan máis!!





Tamén anemómetros!
E con este aparello propúxonos un xogo...
Luca foi o gañador coa súa potencia de soplo!

Tamén son moi importantes no seu traballo 

as medidas de seguridade!
Zapatos con aceiro...

non eramos quen de aplastalos!
E menos mal! Diso se trataba!


Cascos, chalecos, gafas de seguridade...

E trouxo para todos e todas!!
Convertímonos por un momento 

en auténticos enxeñeiros e enxeñeiras!


Ata veu...cun agasallo!! 

Como sabía que estabamos a traballar as profesións

 e pronto comezariamos coas partes da casa... 

tróuxonos un plano dun súper centro comercial! 

E o mellor! Sabedes como lle chamou? 

A sineira!! Feito para nós!!


Agora o noso compromiso con el foi situarnos 

coas nosas futuras profesións nos diferentes locais do mesmo!

 Invitando tamén aos de primeiro A a facelo!


Primeiro...  

fixemos unha enquisa para saber cantas profesións 

tiñamos para repartir os locais!

E xa...mans á obra!!
Comezaron os policías, as mestras, os camareiros 

e a mestra de patinaxe sobre xeo!
Cando o rematemos, 

prometemos colgar aquí o resultado final!





Por suposto, merecidísimo diploma para el
e un agradecemento infinito!!





A seguinte visita foi a da nai de Daniela!


Ela é recepcionista nun hotel... sabedes onde?
Escoitade cando recibe a estes clientes!!

Primeiro, contounos a bonita historia dos burros da Toxa, 

coa axuda de Daniela!!
Despois explicounos todas as tarefas que ten no hotel, 

a importancia do traballo en equipo, da boa educación 

e da amabilidade, as estancias do seu hotel... 

mirade, mirade!



Tamén veu cargada de agasallos para nós!! 

Grazas!!


E...atendeunos como se dos 

mellores clientes nos tratasemos!!




E convertímolo nun xogo de "teatro"!

Uns con mellor educación...

E outros un pouco alterados...


Pero ela sempre mantendo a educación e o sorriso, 

xa que, como ela mesma nos demostrou, 

nos traballos  sempre tes que mostrar a túa mellor cara 

e manter a educación!! 

E iso que algúns grupos dos nosos clientes 

non llo puxeron moi sinxelo! 

Será que tiveron unha mala viaxe!!


Así que por isto e máis...

o seu merecido diploma
e un agradecemento enorme!!





GRAZAS FAMILIAS!!



2 comentarios:

  1. Un placer poder compartir cos nosos consentidos a miña experiencia no traballo. Agradecerche a ti Alicia a tua axuda porque estaba nerviosisima. Espero que servira de axuda as "explicacions" que puden dar e eles enteran para que servía o meu traballo na vida real
    Pd. Sigue en pe esa excursión a Toxa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Silvia! Alégrámonos de que che gustara a experiencia! Pódoche asegurar que a nós encantounos e aprendemos un montón! Grazas a ti pola túa participación, entrega, paciencia e por non perder o sorriso!
      Un saudiño enorme! En especial, nestes días tan excepcionais!

      Eliminar