Que alegría, que festín,
as poesías van chegando por fin!!
Que contentas nos poñemos
cada vez que nos chega un email voso!
E máis neste día soleado de primavera
que toca estar na casiña…pero coas vosas
florciñas lévase moooooito mellor!
O que non tardou nadiña en animarse foi Gael!
Seguindo todos os pasiños fixo a súa flor,
decorouna con punteado, buscou unha
linda poesía,e….escribiuna todiña
en minúsculas!! Está
xenial!
Esta é a sua poesía:
"Medrou unha planta
Medrou o amor
Medraron 3 flores
no teu corazón"
Tamén Breo nos mandou a súa poesía!
El elixiu unha poesía dunha superheroína galega!
Isto nos dixo el
mesmo:
“O poema é
dun libro de poesías que nos gusta moito
e elexímolo porque fala de Rosalía de Castro.
Desta maneira dedícollo a ela e a vós por animarnos
tanto aínda que non nos vexamos en persoa.”
Que ben lle quedou! Aquí vos deixamos a poesía
e a portada do libro que nos recomenda!
Pero a cousa non acabou aí!
Ata se animou a recitárnola!
E nós quedámonos cuns versos
desta poesía moi importante
que nos parece moi importante
para estes días:
"Alegres e felices estamos,
con todos os que amamos."
Por iso nestes días máis que nunca,
pasemos moito tempo e coidemos
moito á xentiña que temos pretiño
e valoremos moito máis os momentiños
con esa outra que agora non podemos ver!
Como as mestras que vos botamos
tanto,tanto de menos!!
Xa vemos que volo estades currando un montón
e un folio non vos chega a nada!
Senón mirade o tremendo xardín no que
"plantou" Dani a súa poesía!!
Alba fixo unha preciosa flor que compañou
do noso adorado sol alumeándoa!
E unha poesía estupenda!
Tamén Ylenia escribiu a súa poesía
cunha preciosa flor vermella!
E esforzouse tamén coas minúsculas!
E tamén chegou a de Sergio
que vai con sorpresa engadida!
Ocorréuselle utilizar a natureza do seu
arredor para decorala! Moi boa idea!
Xa vemos que volo estades currando un montón
e un folio non vos chega a nada!
Senón mirade o tremendo xardín no que
"plantou" Dani a súa poesía!!
Alba fixo unha preciosa flor que compañou
do noso adorado sol alumeándoa!
E unha poesía estupenda!
Tamén Ylenia escribiu a súa poesía
cunha preciosa flor vermella!
E esforzouse tamén coas minúsculas!
que vai con sorpresa engadida!
Ocorréuselle utilizar a natureza do seu
arredor para decorala! Moi boa idea!
Atención! Pablo tamén se puxo mans á obra
e fixo unha flor preciosa!
E a poesía encántanos!
Canto traballaches! Noraboa!
Daniela tamén se animou a realizar unha
preciosa flor e...escribir a súa poesía claro!
Alén escribiu unha poesía preciosa,
pero a cousa non quedou aí...
atreveuse a recitala e o fixo moi ben!
E ata con mensaxe final...atendede!
Alicia tamén se animou a facer a súa poesía
e ata a ilustrou!! Claro!!
Xa todos sabemos o que lles gusta debuxar!
Quedoulle chulísima!
Iker tamén fixo unha flor preciosa
acompañada dunha looonga poesía que nos
encantou! E o seu súper sorriso máis!
E que me dicides da poesía de Leo?
É en inglés!! E segundo nos dixo a súa nai
feita por el con motivo destes días na casiña!
A súa nai mandounos a
traducción para que
poidamos entener a marabillosa mensaxe
que nos quixo transmitir! Grazas!
Pero a cousa non quedou aí...
tamén fixo a flor e...recitouna!! Escoitade!!
E para rematar esta entrada…
DÚAS SORPRESAS!!!
A profe Paula que tanto, tanto queredes
tamén se animou a facer os nosos retos!
E xuntounos todos nun precioso mural!
E estas foron as súas palabras:
“Aquí vai unha pequena aportación,
mensaxes
de ánimo e un poema primaveral. Un abrazo!”
Como te queremos Paula!
Tamén a profe Fátima,
a nosa contacontos dos fíos,
se animou co reto de Libria!
Mirade que poema máis chulo
para aprender con xestos e todo!
É unha artista!
http://bibliotorreilla.blogspot.com/
Moitas grazas pequenos, pequenas,
familias e mestres!
Somos o mellor equipo do mundo!
Mandámosvos moitos agarimos
e unha aperta chea de mimos!! 😊
A Ylenia le gustó mucho el vidio y veros,a estado malita con fiebre varios días de la semana pasada pero ya está recuperada y recuperando el trabajo acumulado,besos profes
ResponderEliminarOla Ylenia e familia! Alégranos moito que vos gustara o vídeo, facemos todo con moito cariño para animarvos e acompañarvos! Vaia, pobriña! Alegrámonos de que xa se recuperara! E recordade que non hai traballo acumulado, todas son opcións para darvos ideas e estar aí, pero nada obligatorio! Que ben saber de vós! Non deixedes de escribirnos!Coidádevos moito!Unha aperta enorme!
ResponderEliminar